Caballero defende a presenza da muller en todos os espazos como un “dereito inalienable”

O alcalde de Vigo elevou esta mañá a súa voz en defensa do “dereito inalienable” de que a muller ocupe o espazo que lle corresponde en calquera ámbito.
Publicado por o día 20/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Deputación de Pontevedra,Vigo

Caballero defende a presenza da muller en todos os espazos como un “dereito inalienable”

Arrancou o seu relatorio asegurando que as mulleres deben marcar as pautas e sendas da economía, nun proceso pola igualdade no que queda moito percorrido por diante, e aclarou que, aínda que xa se avanzou a presencia das mulleres “apareceu aínda onte”.

Durante a inauguración do I Salón de Empresarias de Galicia, referiuse a Virginia Wolf, quen dirixiu o grupo intelectual máis potente de Europa ou a Clara Campoamor, cando lanzaba unha mensaxe tan sinxelo como que todos tiñamos o dereito a votar e que daquela moitos non entendían.

A igualdade, proseguiu, ten que formar parte de proxectos e procesos colectivos como o que hoxe nos trae aquí -dixo- levantar a voz colectivamente para para ocupar o lugar que vos corresponde. Ninguén concibe xa movementos sociais, políticos ou académicos sen que as mulleres ocupen o seu espazo. Neste punto, aludiu a que por primeira vez a presidencia da Deputación recae nunha muller e a que Vigo contou cunha alcaldesa hai varios anos tamén por vez primeira.