Caballero define a Subida ao Castro, este domingo, como “unha proba de enorme dureza que abre o Run Run Vigo 2019”

A Subida ao Castro, presente no circuíto Run Run Vigo dende a súa creación, abre este domingo 27 (12:00 horas) dende a rúa Montero Ríos a edición 2019 o grupo de probas populares que patrocina o Concello en formato de campionato, segundo anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Publicado por o día 22/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero define a Subida ao Castro, este domingo, como “unha proba de enorme dureza que abre o Run Run Vigo 2019”

“Con ela comezamos o Run Run Vigo”, indicou o rexedor, que lembrou que nos últimos anos “era a proba de peche” do mesmo ata o seu cambio de data (saltou de decembro de 2016 a xaneiro de 2018). “Agora decidimos que sexa a carreira de apertura do ano atlético”, sostivo Caballero.

Acompañado polo organizador da Subida ao Castro, Guillermo Janeiro (Singletrack Outdoor Sports), e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o xefe do goberno vigués afirmou que este evento “empezará ás doce e, moi pouquiños minutos despois acabouse a carreira para o primeiro”, ao ser un trazado de 3.000 metros. “É unha gran carreira. A Subida significa potencia, a capacidade de correr esa subida de pouquiña distancia pero dunha enorme dureza, é unha carreira de explosión”, afirmou. “E gústanos de xeito especial porque é moi urbana, moi metida no núcleo da cidade”, explicou Caballero.

“Confiamos en acadar os 400 atletas”, apuntou o alcalde. Este mércores péchase a inscrición e xa se roldan os 300 para unha proba tan peculiar e diferente.
“Naceu para demostrar que as costas de Vigo non son tan duras malia que é bo que fagamos o famoso Vigo Vertical”, manifestou Janeiro, quen lembrou que ao ampliar en 2015 o percorrido que parte de Montero Ríos (unha volta á mazá formada por esa rúa, García Olloqui, Luis Taboada e Concepción Arenal), non se acumula a xente nas escaleiras do Castro e estamos en torno aos once minutos para o vencedor”.

Janeiro sostivo que é unha proba “diferente na que tes que te esquecer do reloxo e gozar da cidade porque vai pola zona máis bonita, o Casco Vello baixo e o alto, con meta nun lugar máxico como o monte do Castro”.

Gala do Atletismo
“O atletismo adquiriu en Vigo caracteres de afluencia masiva, o convertemos nunha especie de épica cidadá”, sinalou o alcalde na rolda de prensa ante os medios comunicación. A Gala do Atletismo celebrarase este martes (20:00 horas) no Auditorio Municipal e concederá máis de 120 premios, recoñecementos a persoas significadas no atletismo da cidade e aos vencedores do circuito Run Run. Ademais, tamén serán entregados os galardóns do Ciclocross Escolar e levarase a cabo a presentación de todo o ciclo Run Run Vigo da temporada 2019.

Comentar noticia

Your email address will not be published.