Caballero destaca BorgWarner “como un dos referentes do éxito da automoción en Vigo”

Publicado por o día 16/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Motor,Vigo

Caballero destaca BorgWarner “como un dos referentes do éxito da automoción en Vigo”

O alcalde de Vigo eloxiou o proxecto empresarial que está a desenvolver internacionalmente BorgWarner, unha iniciativa convertida “nun dos referentes da automoción en Vigo”, que xera “enorme orgullo” na cidade.

Así o dixo durante unha visita ás intalacións para coñecer a ampliación da área de I+D na que tamén estiveron presentes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente e director xeral de BorgWarner Emissions Systems, Brady Ericson, ademais do vicepresidente de Enxeñaría Global de BorgWarner, Carlos Castaño.

Relacionado:

>> Feijóo garante o compromiso da Xunta para seguir configurando en Galicia “un ecosistema” favorable á innovación e ao emprendemento