Caballero destaca o papel clave da UXT na historia dos traballadores e da democracia en España

Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero destaca o papel clave da UXT na historia dos traballadores e da democracia en España

Abel Caballero acudiu este xoves ao Museo Verbum para participar na inauguración da exposición do 130 aniversario da UXT. O alcalde de Vigo destacou o papel clave do sindicato e do PSOE na construción da democracia en España e na mellora das condicións dos traballadores.