Caballero destaca que son case 8.000 os concellos sen dificultades financeiras

O BOE publica hoxe a Real Decreto-lei que recolle as medidas do Acordo asinado onte, ao que poden acollerse todas as Entidades Locais. O presidente da FEMP subliña que a norma permite aos Gobernos Locais elixir entre o uso dos seus remanentes, o do seu superávit, ou o de ambas as opcións, e resolve o problema creado pola Lei de 2012
Publicado por o día 05/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero destaca que son case 8.000 os concellos sen dificultades financeiras

Abel Caballero dixo esta mañá que os concellos con dificultades financeiras son “un número relativamente reducido, uns 200 do total de 8.131” que hai en España e que, para eles, están previstas liñas de apoio, a través das deputacións ou mediante a renegociación da súa débeda co Goberno de España, no Real Decreto-Lei 17/2020, que publica hoxe o BOE. Todos os demais municipios, case 8.000, poden elixir se fan uso dos seus remanentes, do seu superávit ou de ambas as opcións: “Cada concello decidirá se quere ir pola vía de gastar os remanentes ou pola vía do superávit -que era a vía que tiñamos ata o de agora-; mesmo cabe a posibilidade de combinar os dous sistemas”, explicou Caballero, para destacar que a norma resolve o problema xerado pola Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira de 2012.

Sobre os contidos do Acordo, asinado onte no Palacio da Moncloa, o presidente da FEMP lembrou que o Goberno de España achega “a maiores” 5.000 millóns de euros para aqueles que opten polo sistema de remanentes, uns remanentes cuxa devolución se realizará de maneira íntegra cos correspondentes intereses, que poden variar ao longo dos anos.

Caballero tamén detallou que no acordo está previsto “un fondo de transporte de ata 400 millóns de euros; suprímese o teito de gasto de 2020 e mantéñense as entregas a conta de 2020 máis a liquidación do ano 2018”, entre outras cuestións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.