Caballero di que a carreira 24 horas de Vigo é “unha proba de dureza extrema”, en Castrelos do 26 ao 27

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, membros do Club Castrelos 20:30 (José Vidal, Eusebio Alén e Ana Andrés), organizador da proba popular, e varios dos patrocinadores privados, presentaron hoxe xoves a segunda edición da 24 VGO, as xa consolidadas 24 horas de Vigo, unha proba fixada dende as 12:00 horas do sábado 26 de agosto ao mediodía do domingo 27 no circuíto dun quilómetro do parque de Castrelos.
Publicado por o día 17/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Eventos,Galicia,Vigo

Caballero di que a carreira 24 horas de Vigo é “unha proba de dureza extrema”, en Castrelos do 26 ao 27

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, membros do Club Castrelos 20:30 (José Vidal, Eusebio Alén e Ana Andrés), organizador da proba popular, e varios dos patrocinadores privados, presentaron hoxe xoves a segunda edición da 24 VGO, as xa consolidadas 24 horas de Vigo, unha proba fixada dende as 12:00 horas do sábado 26 de agosto ao mediodía do domingo 27 no circuíto dun quilómetro do parque de Castrelos.

“É unha proba de dureza extrema e resistencia máxima”, explicou o rexedor, que invitou á cidadanía “a que vaia a ver un gran espectáculo, que vexa a cidade de atletas que se forma”.

A competición contará con 52 prazas individuais (delas, dez femininas) e 57 equipos masculinos, femininos ou mixtos formados por un mínimo de seis atletas e un máximo de doce. En total, 725 atletas, moitos que xa participan durante o ano no circuíto municipal Run Run Vigo de carreiras populares e, segundo o rexedor, polo que a proba garante “a calidade dos atletas”.

José Vidal, pola súa banda, agradeceu en representación do club o apoio de Concello e Deputación, principais patrocinadores, e a axuda das marcas privadas, e aplaudiu o incremento da categoría feminina e a aposta dos clubs polos equipos mixtos.

A carreira tamén apoia un ano máis ao proxecto DisCamino e, ao longo de toda a xornada, a organización animará Castrelos con numerosas actuacións musicais.