Caballero di que a Festa do Judo Infantil deste domingo “é un dos grandes eventos da cidade”

O judo vigués exhíbese este domingo no Instituto Ferial de Vigo a partir das 11:30 horas na XXV Festa do Judo Infantil, que naceu no Central das Travesas en 1993 e que dende 2010 se trasladou ao recinto feiral de Cotogrande co paréntese de 2015 (As Travesas)
Publicado por o día 13/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo

Caballero di que a Festa do Judo Infantil deste domingo “é un dos grandes eventos da cidade”

O judo vigués exhíbese este domingo no Instituto Ferial de Vigo a partir das 11:30 horas na XXV Festa do Judo Infantil, que naceu no Central das Travesas en 1993 e que dende 2010 se trasladou ao recinto feiral de Cotogrande co paréntese de 2015 (As Travesas).

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe o evento acompañado polo presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e do edil de Deportes, Manel Fernández.

Para o rexedor, esta exhibición de 1.500 judokas en 29 tatamis é “un dos grandes eventos deportivos que se realizan ao ano na cidade. A mobilización de xente nova é extraordinaria e paga a pena ver esta gran exhibición”, indicou. A festa, que en 2018 cumprirá as súas Vodas de Prata -Trofeo Mestre de Frutos dende 2006-, reúne a deportistas de corenta clubs e colexios da cidade, ademais dos judokas do programa municipal de escolas deportivas e aos da escola da Deputación.

“Éncheme de ilusión botar unha ollada atrás e ver todo o camiño percorrido. Preto de 40.000 deportistas pasaron por esta festa do judo e o domingo veremos a pais que traen aos seus fillos e que cando eran nenos tamén participaron nesta festa”, manifestou Muzas. O presidente federativo agradeceu o forte apoio municipal e indicou que “mentres sigamos tendo ao alcalde, que espero que siga moitos anos, a festa vai ter longa vida”.

Ademais, como cada ano, esta gran reunión anual do judo vigués servirá para recoñecer aos máis destacados da A.D. Famu en 2017. Este ano son catorce (oito mulleres e seis homes), sobresaíndo entre eles María Bernabeu, bronce mundial, ouro no Grand Prix de Cancún e campioa de España.