Caballero di que o Internacional Concello de Vigo de grupos show, a fin de semana, será “excepcional”

O Pavillón central das Travesas recibe esta fin de semana (sábado 22 ás 16:15 horas e domingo 23 ás 16:30) a segunda edición do Trofeo Internacional Concello de Vigo de grupos show, evento que promueve e patrocina a Concellería de Deportes e que, convocado pola Federación Galega de Patinaxe, organiza o Patín Vagalume Celtamotor.
Por o 18/04/2017 | Sección: Concello de Vigo,Cultura,Vigo
Caballero di que o Internacional Concello de Vigo de grupos show, a fin de semana, será “excepcional”

Durante dous días preto de mil patinadoras e patinadores tomarán o parquet do Central, case 400 máis que na primeira edición dunha soa xornada. Para o alcalde, esta modalidade é “un espectáculo certamente excepcional; estamos diante dun dos grandes espectáculos deportivos que se fan en Vigo”, sostivo na presentación do evento, anunciando que “ademais das exhibicións imos facer a Copa Galega de grupos show”.

Acompañado do edil de Deportes, Manel Fernández, de directivas de Vagalume Celtamotor (Bea Fernández), Carpa Viqueira (María Isabel Gutiérrez) e Federación Galega (Cintia Lafuente), o rexedor saudou tamén a Rebeca Ribeiro e María Gil (Carpa) e Celia Rodríguez, Noa Quereizaeta e Andrea Lamas (Vagalume), en representación das patinadoras que competirán durante os dous días.

Caballero quixo “felicitar a todos os que forman parte desta gran familia da patinaxe”, e asegurou que “aínda que aquí estas nenas parecen normais, cando un as ve patinar son fóra de serie”.

Andrea Lamas, unha delas, entregou as primeiras invitacións ao alcalde da cidade e ao concelleiro e agradeceu “a colaboración de todos os patrocinadores, do alcalde e do concelleiro”, para facer posible este campionato.

Todos os clubs participantes o ano pasado repiten este ano, a presenza lusa dobrouse e de novo haberá agrupacións de varias comunidades autónomas (Madrid, Andalucía, Navarra), ademais dunha masiva presenza galega.

O trofeo contempla cinco categorías (grupos pequenos, grupos grandes, xuvenís, cuartetos e promocional) e haberá unhas 100 agrupacións inscritas. Haberá un abono para as dúas xornadas (5 €) e cada día a entrada custará 3 euros.