Caballero di que no Memorial Paco Araújo, este sábado en Navia, haberá “máxima calidade” porque “o Celta Zorka fai un xogo que emociona”

O alcalde presentou a terceira edición do Memorial Paco Araújo, que se xogará entre o Celta Zorka (Liga Feminina 2) e o Embutidos Pajariel de Bembibre (Liga Día), con entrada de balde, este sábado 22 ás 19:30 horas no Multiusos de Navia. Abel Caballero asegurou o apoio municipal “polo que significa de homenaxe a unha persoa tan importante como Paco e que deixou tantos amigos”, explicou.
Por o 17/09/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero di que no Memorial Paco Araújo, este sábado en Navia, haberá “máxima calidade” porque “o Celta Zorka fai un xogo que emociona”

O rexedor, acompañado polo presidente do Bosco, Carlos Álvarez, a presidenta honorífica da entidade, Ángela Molins, a adestradora do primeiro equipo, Cristina Cantero, a xogadora Ainhoa Lacorzana e o patrocinador privado, Héctor Pérez (Zorka), considerou esta unha magnífica oportunidade para “ver baloncesto da máxima calidade, para pasar unha gran tarde de baloncesto feminino”. O alcalde, ademais, afirmou, dirixíndose á adestradora e á xogadora, que “o equipo xoga tan ben que emociona”.

Cristina Cantero, a responsable técnica do quinteto vigués, manifestou que nos lembramos tódolos días de Paco, pero este partido é para que a cidade o viva connosco; será un día especial no seu honor”. A cordobesa recordou que Araújo “sempre pelexou pola canteira e loitou con todas as súas forzas para que saíse adiante”. De feito, haberá horas do partido antes un torneo de minibásquet alevín en Navia.

Pola súa banda, o presidente bosquista cre que o esforzo do club de enfrontarse a equipos de superior categoría (en 2016 o Perfumerías Avenida salmantino, o pasado ano o Uni Ferrol e agora o conxunto do Bierzo Alto) pretende “lembrar a imaxe de Paco, que a xente saiba o que significou para a cidade”. De paso, a afección atoparase “cunha pedra de toque para a Liga”, pois as visitantes están na élite dende 2012.

A firma patrocinadora concluíu mantendo que Araújo, falecido en febreiro de 2016, entrou neste patrocinio “porque Paco me convenceu”, subliñou que o equipo “estao a facer moi ben” e desexou que “por fin este ano se dea o saltiño para estar aí arriba”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.