Caballero e Montoro se reunirán para tratar a reinversión do superávit das corporacións locais

O alcalde de Vigo e o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro manterán un encontro para abordar, entre outras cuestións, a reinversión do superávit dos concellos. Para falar desta mesma cuestión e da financiación das corporacións locais, o presidente da FEMP manterá o día 27 en Madrid un encontro con máis de 300 alcaldes e alcaldesas de toda España.
Publicado por o día 20/02/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero e Montoro se reunirán para tratar a reinversión do superávit das corporacións locais

O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, reunirá a máis 300 alcaldes e alcaldesas en Madrid o próximo día 27 en Madrid para escoitar as súas opinións e informarlles da urxencia de desbloquear a reinversión do superávit local (que o ano pasado rondou os 5.000 millóns de euros). En rolda de prensa, insistiu en que a intención é que esta cantidade poida invertirse ao longo do ano 2018, para o que é imprescindible que a norma de superávit entre no Decreto Lei de Medidas Urxentes do Goberno, se non hai orzamentos xerais.

Tal e como reiterou en rolda de prensa, en 2017 as corporacións locais foron as únicas administracións que cumpriron os tres criterios: débeda, déficit e teito de gasto. Nesta situación, explicou, o obxectivo, dixo, é que os aforros das cidades -en Vigo 12,5 millóns de euros- redunden en beneficios para os cidadáns deses territorios. Outra das demandas que trasladarán é a necesidade de modificar o actual criterio de teito de gasto para que prime a eficiencia, así como esixir un trato similar ás comunidades autónomas se o Goberno aplicara eventuais quitas de débeda ou pagos de intereses.

Caballero avanzou que onte luns, sobre ás 18,00 h recibiu unha chamada do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, para convocalo a unha reunión e precisou que xa se está á busca de datas.