Caballero e Silva selan o inicio da rehabilitación da Villa Solita como espazo público

Concello e Deputación rubricaron esta mañá o acordo que permitirá converter Villa Solita nun espazo de ocio e recreo para toda a cidadanía. Así o confirmaron os responsables de ambas institucións nunha rolda de prensa na o alcalde volveu recoñecer a cooperación do organismo provincial coa cidade
Publicado por o día 16/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero e Silva selan o inicio da rehabilitación da Villa Solita como espazo público

Concello e Deputación rubricaron esta mañá o acordo que permitirá converter Villa Solita nun espazo de ocio e recreo para toda a cidadanía. Así o confirmaron os responsables de ambas institucións nunha rolda de prensa na o alcalde volveu recoñecer a cooperación do organismo provincial coa cidade. 

O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación asinaron esta mañá o convenio para recuperar a chamada Villa Solita, en Alcabre. Concello e Deputación asumen esta rehabilitación por un importe total de 319.000 euros, dos que o ente provincial achega 277.000 euros e o goberno vigués 42.000 euros. Na posterior rolda de prensa, Abel Caballero trasladou o seu “recoñecemento” á Deputación por cooperar “unha vez máis” con Vigo e resaltou a importancia da posta en valor dun edificio de estilo indiano que data de finais do século XIX e que funcionará como espazo de desenvolvemento cultural, museístico, teatral e turístico.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación encadrou este convenio “como un acto de xustiza con esta cidade” na que o organismo provincial está a investir sen quitarlle nada a ningunha outra zona de Pontevedra. Cualificou de moi “relevante” para Vigo un proxecto que permitirá recuperar para a cidadanía un edificio moi especial pola súa arquitectura e avanzou a construción dunha estrutura de vangarda que manterá os sinais de identidade da mansión. O máis importante desta rehabilitaición, enfatizou, é que a Villa Solita vai converterse nun espazo de recreo e de ocio para toda a cidadanía. Respecto dos prazos, aclarou que de xeito inmediato se abrirá o proceso de licitación das obras.