Caballero e o tenente de alcalde de Barcelona coinciden na necesidade de incrementar o financiamento municipal

O alcalde de Vigo mantivo un encontro este mércores con Jaume Collboni con que abordou a reforma precisa do financiamento municipal para que os Concellos teñan máis autonomía na toma de decisións de inversións.
Publicado por o día 09/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero e o tenente de alcalde de Barcelona coinciden na necesidade de incrementar o financiamento municipal

Abel Caballero manifestou o seu agrado por recibir no Consistorio ao segundo tenente de alcalde de Barcelona, Jaume Collboni, que se atopa de vacacións na cidade.

Na xuntanza compartiron un tema que “preocupa” ás dúas urbes, segundo o rexedor, que é a “a necesidade dun cambio no financiamento municipal” porque o “futuro pasa polos municipios”. Así, avogou pola “reforma inmediata” da Lei para que os Concellos poidan empregar o seu superávit e ter autonomía para tomar decisións de inversión sen ser supervisados polo Goberno de España “que incumpre mentres nós cumprimos”. Compartiron o posicionamento sobre o feito de que “o financiamento municipal debe ser substancialmente incrementado”.

Jaume Collboni eloxiou a traxectoria do alcalde como “referente do socialismo de España, como líder municipalista e persoa comprometida coa política de proximidade” e lamentou a “penalización” do Goberno ás administracións “que cumprimos e xestionamos ben os recursos públicos, que pechamos exercicios fiscais con superávit e pese a iso estamos infradotados presupostariamente”. Ademais, sinalou que a importancia dos municipios como “motores económicos” onde se xera a riqueza do país e como “primeira trincheira das necesidades cidadás”, para o que precisan recursos suficientes.