Caballero eloxia a calidade das esculturas da Escola de Cantería da Deputación expostas na CEP

O alcalde e a presidenta da Deputación participaron esta mañá na CEP na inauguración da exposición “Nado en pedra. Formas e figuras” da Escola de Canteiros da Deputación. Son 18 pezas de tamaño e temática variada que se poderán visitar ata o próximo 15 de maio.
Publicado por o día 23/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero eloxia a calidade das esculturas da Escola de Cantería da Deputación expostas na CEP

Abel Caballero e Carmela Silva inauguraron esta mañá na Confederación de Empresarios de Pontevedra unha exposición de 18 pezas “maxistrais” elaboradas por alumnos da Escola de Cantería da Deputación. “Nado en pedra. Formas e figuras” reúne esculturas de tamaño e temática variadas, permanecerá dispoñible ao público ata o 15 de maio. Poderemos gozar desde animais, ata sacos, pasando por gárgolas, caixas de peixe, figuras humanas ou péndulos de pedra.

A Escola de Cantería xa realizou para Vigo, en colaboración co Concello, multitude de obras como unha peana para o busto de Enrique Peinador; a escultura de Balbino do Libro O Neno labrego, na Biblioteca Neira Vilas; o tímpano da Colexiata; o conxunto escultórico do xardín da Igrexa da Nosa Señora de Fátima ou un cruceiro para a rehabilitación da pila bautismal de Santa Mariña de Cabral. Tamén se está a traballar no Sagrado Corazón de A Guía e nunha fonte para o instituto Santa Irene.