Caballero eloxia a calidade artística de “Priscilla Reina del Desierto, el Musical”

O alcalde de Vigo resaltou esta mañá a calidade artística do espectáculo “Priscilla Reina del Desierto, el Musical”, que chegará ao Auditorio de Vigo este xoves. Esta superprodución internacional chega á nosa cidade coa mesma montaxe coa que encheu escenarios de Brodway ou Londres, entre outros.
Por o 21/03/2017 | Sección: Concello de Vigo,Cultura,Vigo
Caballero eloxia a calidade artística de “Priscilla Reina del Desierto, el Musical”

O Auditorio Mar de Vigo acollerá “Priscilla Reina del Desierto, el musical”, unha superprodución internacional baseada na película homónima. Durante a presentación, na que tamén estivo presente o actor protagonista, o galego Christian Escuredo, Caballero animou a toda a cidadanía a gozar dun espectáculo que xa percorreu moitos países”.

Tal e como explicaron, a montaxe é a mesma que xa se representou en moitos escenarios internacionais, entre os que podemos destacar Brodway ou Londres. Conta con 40 artistas en escena, 500 traxes extraordinarios, 200 perrucas delirantes, e ata un autobús robotizado.

A trama narra as divertidas experiencias de tres artistas draq que atravesan o deserto australiano a bordo dun autobús. En España xa son máis de 500.000 os espectadores que gozaron dun espectáculo que se vai representar en Vigo entre o xoves 23 e o domingo 26 (con dúas funcións diarias, excepto o xoves, que haberá unha).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.