Caballero eloxia a capacidade do aeroporto que inicia os voos a Edimburgo e Milán

Ryanair comeza a operar esta semana dende Vigo as conexións internacionais con Milán e Edimburgo e mantén a ruta con Dublín e Boloña nos próximos meses. A Xunta de Goberno Local aprobou un novo concurso para os voos con Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca.
Publicado por o día 27/03/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero eloxia a capacidade do aeroporto que inicia os voos a Edimburgo e Milán

O alcalde repasou este luns as novas conexións internacionais que estrea o aeroporto de Vigo esta semana da man da compañía Ryanair e que amosan a “capacidade de seguir operando” que vén amosando a terminal.

A aeroliña británica ofrece a ruta Vigo-Dublín, que comezou a operar onte domingo, e Vigo-Boloña, que se iniciou hoxe luns, amais de dúas novidades: a conexión Vigo-Milán, que comezou a funcionar onte e Vigo-Edimburgo que se estrea este mércores 29 de marzo.

Abel Caballero informou tamén da aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, do concurso para a operatividade dos voos con Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca xa que o convocado anteriormente quedara deserto, ao non concorrer ninguén. O Concello optou por facer un novo concurso para darlle transparencia e o máximo de coñecemento a este procedemento.