Caballero eloxia o funcionamento da aeroliña Binter que conecta Vigo con Gran Canaria e Tenerife

Binter contará a partir do 30 de outubro dúas conexión diarias a Tenerife, que se suman ás outras dúas que xa existían con Gran Canaria, unha decisión que agrada ao alcalde quen felicitou aos responsables da compañía durante unha reunión de traballo que mantiveron onte xoves na Alcaldía.
Publicado por o día 05/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero eloxia o funcionamento da aeroliña Binter que conecta Vigo con Gran Canaria e Tenerife

O rexedor felicitou aos responsables de Binter durante o encontro que mantiveron onte na Alcaldía, “é o xeito que nos gusta de facer economía: unha empresa lanza unha estratexia que funciona, consegue gran nivel de ocupación e ten prezos asequibles”. Caballero destacou que esta aeroliña xa conecta Vigo con Gran Canaria, con dúas frecuencias, e a partir do 30 de outubro, implementará outras dúas con Tenerife.

En declaracións posteriores aos medios, o alcalde puxo en valor que esta compañía pontencia o aeroporto da cidade fomentando o turismo entre Vigo e as Illas Canarias ademais de ofrecer un gran servizo, excelente puntualidade e atención, ademais de facilitar conectividade con diferentes destinos africanos. Caballero rematou recomendando á cidadanía o uso desta aeroliña coa que o Concello mantén unha “relación extraordinaria”, sen mediar subvención municipal algunha, precisou.