Caballero eloxia o Trofeo Armando Cajaraville de fútbol base, antesala da Vigo Cup

O Trofeo Armando Cajaraville de fútbol 7 e fútbol 8, organizado polo Casablanca e patrocinado polo Concello de Vigo, chegou á súa fase decisiva, segundo anunciou o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do club, Juan Lago, e representantes da entidade
Publicado por o día 29/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Caballero eloxia o Trofeo Armando Cajaraville de fútbol base, antesala da Vigo Cup

O Trofeo Armando Cajaraville de fútbol 7 e fútbol 8, organizado polo Casablanca e patrocinado polo Concello de Vigo, chegou á súa fase decisiva, segundo anunciou o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do club, Juan Lago, e representantes da entidade.

Nacido no verán de 2001, no mesmo momento que a Vigo Cup, este campionato é o evento previo ao torneo internacional que organiza o Concello. “É un trofeo espléndido con 80 equipos que está funcionando magníficamente e está en plena ebullición”, dixo o rexedor.

Este venres pola serán xóganse as semifinais alevín e benxamín (fútbol 8) ás 18:15 e 19:00, respectivamente, e a final xuvenil (fútbol 7) ás 20:30 horas entre o Peñasco e o Casablanca. En dous días, 33 partidos e a bancada chea. “Cada xornada contamos cunha asistencia duns 3.000 espectadores”, subliñou Lago, que lembrou que o torneo “é especial porque abrangue prácticamente todo o fútbol base”.

Este sábado, as finais feminina (Casablanca-Vilariño, 11:05 horas), cadete (Balaídos-Casablanca, 11:50) e infantil (12:35). Polo serán, a alevín (16:45), benxamín (17:30), prebenxamín (18:15) e minis (19:00), ademais de finais de consolación.