Caballero esixe ao Goberno de España que os concellos poidan reinvestir o seu superávit

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) indicou este venres que solicitarán aos grupos parlamentarios no Congreso que se cambie o orzamento do Estado neste asunto. Caballero explicou que as cidades queren poder investir os 7.100 millóns aforrados no 2016, solicitude que o Goberno de España nega “de forma incomprensible”
Por o 07/04/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
Caballero esixe ao Goberno de España que os concellos poidan reinvestir o seu superávit

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) indicou este venres que solicitarán aos grupos parlamentarios no Congreso que se cambie o orzamento do Estado neste asunto. Caballero explicou que as cidades queren poder investir os 7.100 millóns aforrados no 2016, solicitude que o Goberno de España nega “de forma incomprensible”.

Despois de participar en sendos actos en Barcelona e en Madrid representando aos 8.125 municipios españois, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este venres en Vigo a esixencia municipalista de poder reinvestir o superávit colleitado no ano 2016, un total de 7.100 millons.

“Onte tomamos a decisión de esixir ao Goberno que nos permita reutilizar os 7.100 millóns de euros que tivemos de superávit. É un día moi importante para o municipalismo español”, asegurou Abel Caballero. As administracións locais, engadiu, reclaman investir o superávit do 2016, petición que o Goberno de España nega “de forma intolerable e incomprensible”. O alcalde vigués anunciou a celebración de reunións cos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados para instarlles á modificación deste punto na lei de orzamentos xerais do Estado para o presente ano.