Caballero esixe “no nome dos alcaldes demócratas” liberdade para os opositores venezolanos

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP esixiu este martes “no nome da democracia deste país e de todos os alcaldes demócratas” a liberación “inmediata” dos opositores venezolanos Leopoldo López e Antonio Ledezma, detidos esta madrugada.
Publicado por o día 01/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Sucesos,Vigo

Caballero esixe “no nome dos alcaldes demócratas” liberdade para os opositores venezolanos

En declaracións aos medios este martes, Caballero reprobou que o alcalde metropolitano de Caracas, Antonio Ledezma, se atopase en prisión domiciliaria polo “único delito de ser democraticamente elixido”.

Engadiu que “é intolerable que fose secuestrado na súa casa, quitado pola forza e levado a un sitio que neste momento nin sequera se coñece”, por parte de axentes do Servizo Bolivariano de Intelixencia Nacional). Por iso, esixiu ao Goberno de Venezuela, “no nome da inmensa maioría de alcaldes e concelleiros de España, a excarceración inmediata do alcalde” metropolitano de Caracas. O alcalde vigués fixo extensiva esta reclamación a Leopoldo López, “opositor demócrata, defensor da democracia que a ditadura de Maduro está a encarcerar”.