Caballero espera ver un “gran Torneo Concello de Vigo” de fútbol base este Nadal, con preto de 1.900 participantes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu en Alcaldía a unha representación de clubs participantes na quinta edición do Torneo Concello de Vigo de fútbol 8 e fútbol 11, que se vai a disputar en sete campos (seis municipais e o Federativo de Coia, que é novidade) do 26 ao 30 deste mes.
Publicado por o día 20/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Caballero espera ver un “gran Torneo Concello de Vigo” de fútbol base este Nadal, con preto de 1.900 participantes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu en Alcaldía a unha representación de clubs participantes na quinta edición do Torneo Concello de Vigo de fútbol 8 e fútbol 11, que se vai a disputar en sete campos (seis municipais e o Federativo de Coia, que é novidade) do 26 ao 30 deste mes.

Acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o rexedor desexou “boa sorte” aos clubs, animouse a dar uns toques ao balón e indicou que espera ver “un gran torneo”, ao que acudirá como en edicións anteriores. O evento está organizado polo Concello e por Afavi, a asociación de fútbol afeccionado local.

Ademais Caballero lembrou a clubs e patrocinadores (asistiron representantes de Hyupersa Vigo, Coca-Cola e Frutas Nieves), sinalando un dos balóns do torneo (cortesía de New Balance), que “isto é unha revolución… e o será cada vez máis”.

O torneo reunirá durante cinco días a 1.850 xogadores de 5 a 12 anos (categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil). Serán 32 clubs os que compitan polos títulos: 23 de Vigo, un da Coruña (o Deportivo), un de Lugo, un de Ourense, un do Val Miñor, un de Redondela, un de Mos, un de Porriño e dous de Portugal (Oporto e Monçao). En total, 132 equipos.

Os campos Pahiño (Navia), A Bouza (Coia), A Pirucha (San Miguel de Oia), Penedo da Moo (Matamá), Cotogrande, Meixoeiro e o Federativo de Coia serán os escenarios da competición, que rematará o sábado 30 coas finais e a entrega de medallas en Navia.