Caballero estudará co Ministerio de Transición Ecolóxica solucións definitivas para a seca

Abel Caballero avanzou esta mañá a vontade do Ministerio de Transición de estudar solucións de futuro para o abastecemento de auga na cidade. Cualificou a conclusión do encontro con Teresa Ribera de “altamente satisfactorio” dado que a ministra entendeu “perfectamente o problema, a dificultade coa que hai que afrontar esta nova situación de efectos de cambio climático con novas actuacións”.
Publicado por o día 29/08/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero estudará co Ministerio de Transición Ecolóxica solucións definitivas para a seca

O alcalde destacou esta mañá a receptividade da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, coa problemática da posible escasez de auga en Vigo. Logo da reunión que mantiveron onte en Madrid, Caballero explicou que “por fin atopamos resposta sólida e consistente ao problema do abastecemento de auga en Vigo dunha administración oficial”. Teresa Ribero, dixo, entendeu “perfectamente o problema, a dificultade coa que hai que afrontar esta nova situación de efectos de cambio climático con novas actuacións para evitar que Vigo estea en risco, que un lugar de medio millón de persoas físicas e case 700.000 persoas equivalentes non pode ter risco serio de desabastecemento por ausencia de formas de acopio de auga”.

Tal e como engadiu o rexedor, a ministra, ademais de compartir a posición de Vigo de que a a Xunta debe realizar o trasvase de emerxencia desde o río Verdugo ao Oitavén, aceptou a proposta do alcalde de estudar diferentes opcións de solucións de futuro. O trasvase desde o Miño -a alternativa que Feijóo prantexou ao presidente do Goberno de España-, é unha opción pero hai “outras con mellor calidade de auga e menos custe de mantemento”. Entre outras referiuse ao posible recrecido da presa ou a creación dun novo embalse na zona interior do monte. A través da FEMP se crearán grupos de traballo nos que se abordarán os ciclos de integrais de auga nas cidades, buscando solucións de futuro para situacións como a de Vigo, xa que é preciso que “as administracións se adianten aos problemas de seca do cambio climático”.


Ao mesmo tempo, Caballero prantexou un plan de acción de recuperación de arenais en lugares onde estes quedaron enterrados por diversas actuacións, como é o caso de Samil. Neste punto, avogou por retranquear paseos, explicando que en Samil xa existe un proxecto neste senso-.

Datos de embalses
Respecto da situacións os embalses, o pasado luns 27 de agosto, Zamáns estaba ao 73,14% da súa capacidade, mentres que Eiras estaba ao 85,18% (hai unha semana ao 88%). Nestes momentos hai a mesma auga que o 6 de agosto do ano pasado, o que supón que temos tres semanas máis de decalaxe que o ano pasado, explicou. En todo caso, Caballero instou a manter consumo responsable a todo Vigo e ao resto do territorio e avanzou que establecerá contactos coa Xunta a partir do día 1 de setembro para adoptar eventuais novas medidas.