Caballero exhibe en Fitur o apoio científico para que as Cíes sexan recoñecidas Patrimonio da Humanidade

O Concello de Vigo promociona por cuarta vez consecutiva o arquipélago vigués na Feira Internacional de Turismo e nesta ocasión presentou o soporte científico que avala a candidatura. O alcalde, durante a súa intervención, repasou as iniciativas que xa se realizaron nun proceso que cualificou como “un movemento colectivo de apoio á natureza”
📣 Publicado por el 18/01/2018 en la sección de Concello de Vigo - Galicia - Vigo

Caballero exhibe en Fitur o apoio científico para que as Cíes sexan recoñecidas Patrimonio da Humanidade

O alcalde presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a súa nova campaña de promoción da candidatura das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade coa que, ademais de referendar o apoio “masivo de Galicia e España” e dos líderes de opinión a esta iniciativa, se pon de manifesto o aval científico deste proxecto. O alcalde de Vigo, quen lembrou que esta é a cuarta vez que se presenta en Fitur a candidatura, remarcou que faltaba lanzar “o soporte científico” polo que para esta edición contouse cun grupo de investigadores “que avalan ás Cíes e este proxecto” para que o arquipélago “dentro de 2.000 anos sega como está”.

“Somos os que queremos ser Patrimonio da Humanidade, non hai quen o pare”, asegurou o rexedor olívico, quen se mostrou convencido de que “Cíes vai ser Patrimonio da Humanidade. “Cíes está protexiendo esta cidade e agora nos toca a nós protexelas a elas porque corren risco”, apuntou. “O noso é a fidelidade coas Cíes”, sostivo Caballero e “calquera que pense que isto se vai acabar que perda a esperanza”. A continuación, chamou á unirse a el no escenario aos científicos; á presidenta da Deputación, Carmela Silva; a concelleiros e deputados; a hostaleiros; ás axencias de viaxes e demais líderes de opinión que avalaron a candidatura porque “este é un movemento colectivo de apoio á natureza”.

Na súa intervención, fixo un repaso pola candidatura e lembrou que en 2013 se lanzou o proxecto e desde entón creouse a marca, dominios web, “merchandansing”, vídeos promocionais; patrocinios de avións, concertos, festivais, unha volta ao mundo en barco, un sorteo da Lotería de Nadal en 2015, así como diversas campañas de sensibilización entre a infancia, en revistas ou concursos.

Campaña
Baixo a denominación “Patrimonio Illas Cíes- O teu apoio vale un mundo”, a campaña busca poñer en valor o apoio científico a esta candidatura a partir dun grupo de investigadores que, liderados polo director do Campus do Mar, Emilio Fernández, trazaron “as bondades” das Cíes e o que “significa no ámbito científico” que sexa recoñecido como Patrimonio Mundial da Unesco.

Na presentación, exhibiuse un vídeo lo que explican como se formaron as Cíes e a súa paisaxe, ademais de reparar na súa produtividade, na súa riqueza e diversidade de especies de flora e fauna, e a súa relación de simbiose cos pescadores da zona. Nun marco no que o recoñecemento como Patrimonio Mundial servirá para “protexer e amosar ás xeracións futuras que pode convivir e coidar a natureza”.

Durante o acto, tamén se proxectou un vídeo no que “os verdadeiros líderes de opinión” amosaron a seu apoio á candidatura desta “paraxe extraordinaria”, entre eles, a Coral Casablanca, Gisela, La Oreja de Van Gogh, Crystal Fighters, The Pretenders, Morat e Carlos Vives, ademais da xornalista e mesmo a presentadora deste evento, Carlota Corredera.