Caballero fai entrega este martes dos 670 diplomas das becas de inglés de 2017

Nun acto no Auditorio Mar de Vigo, o alcalde entrega os diplomas acreditativos aos 670 alumnos de ESO que participaron o ano pasado no programa “Vigo en Inglés” do Concello de Vigo. Caballero recordou que este ano as prazas se amplían ata as 750 e o prazo para optar está aberto ata este venres, 23 de marzo.
Publicado por o día 20/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero fai entrega este martes dos 670 diplomas das becas de inglés de 2017

Na tarde deste martes, o alcalde fai entrega no Auditorio Mar de Vigo dos diplomas acreditativos aos 670 alumnos de ESO que tomaron parte o ano pasado no programa de estudos en Reino Unido e Irlanda.

Recordou Caballero que as prazas para este ano suben ata as 750, cun investimento municipal superior aos 1,7 millóns de euros. O prazo para ao alumnado de 3º de ESO que queira optar permanece aberto ata este venres, 23 de marzo.

O rexedor afirmou que todas as familias que cumpran os requisitos poden solicitar praza, recollendo o formulario no propio Concello de Vigo ou descargándoo da web vigoeningles.org.