Caballero felicita á organización da histórica Nocturna de San Xoán, con xa case 500 inscritos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá a 34ª Carreira de San Xoán, “a quinta de nove probas do Circuíto Run Run Vigo” de carreiras populares que patrocina o Concello de Vigo. Celébrase este venres ás 21:00 horas.
Publicado por o día 20/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero felicita á organización da histórica Nocturna de San Xoán, con xa case 500 inscritos

Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente da Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA), Eleuterio García, e os seus directivos José Luís Domínguez e Jesús Martínez, o rexedor anunciou que o vencedor da xeral, masculina e feminina, recibirá un xamón. “Gústame o premio e son 7,7 quilómetros que se percorren como nada na véspera de San Xoán”, apuntou Caballero.

O alcalde, que minutos antes se reuniu cos organizadores para transmitirlles o seu felicitación polo traballo realizado, anunciou que xa son preto de 500 os inscritos (491), corenta máis que o día anterior. Moitos atletas só decídense o derradeiro día. Mañá pechan as inscricións.

Entre os participantes xa están confirmados Daniel Bargiela e Ester Navarrete, actuais campións do circuíto Run Run Vigo, e Iván Roade, actual líder da xeral sénior.

Como é tradicional haberá sardinada, que “xa vai de seu pola fogueira. Dámoslle prioridade aos atletas á hora de recoller a sardiña”, explicou o alcalde.

A Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA) organiza a carreira, que fundou en 1984 e que se celebra de forma ininterrumpida dende ese ano. Os atletas percorrerán 7,7 quilómetros, o mesmo circuíto dos últimos anos, con inicio en Camelias para seguir por Romil, Pi i Margall, López Mora, Arquitecto Bar Boo, rúa Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar e rematar diante dos soportais da Praza do Berbés.