Caballero felicita á organización do cross El Castro San Miguel “o mellor de Galicia”

O XXI Cross Escolar El Castro San Miguel cumpre vinte anos de vida e celébrao coa vixésima primeira edición da proba, este domingo no parque municipal de Castrelos (10:00 horas).
Publicado por o día 05/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero felicita á organización do cross El Castro San Miguel “o mellor de Galicia”

“Felicito á organización por este traballo, que é unha forma de levar adiante o atletismo e estar cos máis novos”, sostivo o alcalde da cidade, Abel Caballero, que presentou o evento acompañado polo concelleiro de Deportes. Manel Fernández, e membros da organización da A.D. O Castro San Miguel.

A proba, do programa municipal de crosses escolares, está dirixida tanto para escolares como para federados nados dende o 2001 ao 2013. Compiten en categoría cadete (2001-2002), infantil (2003-2004), alevín (2005-2006), benxamín (2007 e 2008), prebenxamín (2009-2010) e os que denomina a organización como “olímpicos” (dos anos 2011 a 2013).

O rexedor animou á cidadanía a acudir ao evento. A primeira carreira, a cadete masculina, está fixada para as 10:00 horas (percorrerán 3.000 metros, a máxima distancia prevista) e tras ela irase dando a saída a unha ducia de carreiras máis ata as 12:55, cando saia a olímpica feminina (200 metros).

A organización reservou como é tradicional un oco para carreiras de pais (11:35) e nais (11:50) dos nenos e nenas participantes. Nos dous casos correrán 2.000 metros.

É esta a proba máis numerosa do programa municipal de cross escolar, que fomenta o atletismo entre os escolares da cudad. “Sentímonos moi orgullosos de organizar o cross escolar máis importante de Galicia en termos de participación”, manifestou David Morales, en representación da A.D. Castro San Miguel. O número de participantes, “dependendo do tempo”, lembra Morales, moverase entre o milleiro e os 1.200 nenos e nenas tanto federados como non federados.

O cross conta con trofeos aos cinco primeiros clasificados de cada categoría e medallas de participación para todos.