Caballero felicitou ao CB Seis do Nadal pola súa achega á base coa Liga Linco de baloncesto, que arrinca este mes en Navia

O alcalde de Vigo recibiu hoxe a unha representación do Club Baloncesto Seis do Nadal, que lle presentou a Liga Linco de baloncesto escolar, de novo en marcha o vindeiro venres 25 no pavillón municipal de Navia.
Por o 14/01/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero felicitou ao CB Seis do Nadal pola súa achega á base coa Liga Linco de baloncesto, que arrinca este mes en Navia
Compartir en:

Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o rexedor recibiu as novas camisetas da competición 2019, que vai de xaneiro a maio e está reservada para nenos e nenas de 6 a 12 anos, e interesouse polos colexios e escolas participantes. Pola entidade deportiva, organizadora do evento que patrocina o Concello, asistiron Sergio González, director deportivo do club, o directivo Ramón Román e o coordinador do club, Pablo Alonso. O xefe do goberno municipal felicitou ao club pola súa “excepcional” achega ao deporte formativo vigués.

A competición, os venres polo serán en Navia, é un complemento do programa municipal de escolas deportivas e contará este ano cuns 150 participantes das escolas de Navia e do Berbés (que dirixe o Baloncesto Seis do Nadal), dos CEP Celso Emilio Ferreiro e Doutor Fleming, do Colexio Labor e dos CEIP Seis do Nadal, Illas Cíes, Javier Sensat, O Pombal e Pintor Laxeiro. En total, dúas escolas e oito colexios.

O Seis do Nadal conta tamén co patrocinio de Biscuits Galicia e Decathlon (para as merendas posteriores dos participantes) e de Pintunova, que cede a cinta para a marcaxe das pistas de minibasket.

Comentar noticia

Your email address will not be published.