O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes o parque da Bouza con motivo do Día Mundial dos Humidais e avanzou que grazas ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) o municipio duplicará as súas zonas verdes e chegará ata os 3,5 millóns de metros cadrados.
“Estamos en proceso de duplicar as zonas verdes e recompoñer todos os humidais da cidade, é a reconstrución da historia, é a nosa homenaxe no Día dos Humidais”, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
Caballero destacou que no borrador do Plan Xeral que está en tramitación xa está incluído o desenrolo medioambiental de grandes zonas verdes do municipio, con oito parque novos (de 6 a 14), toda a beira do Lagares converterase nun parque lineal, a mellora da Avenida de Europa cunha grande zona entre Samil, Alcabre e Navia de 50.000 m², a conexión verde Calvario – Lagares e Gran Vía – Lagares e a recuperación da duna móbil de Samil e O Vao.
Tamén indicou que o ano pasado o Concello levou a cabo accións de acondicionamento, renovación e limpeza nos humidais de Barreiro e A Bouza, onde recuperáronse as pozas dos patos.
O municipio de Vigo conta con diversas zonas húmidas de auga doce, que ocupan máis de 200.000 m2. As máis representativas son as da Bouza (3.721 m2), Muíños (10.600 m2) e Barreiro (2.776 m2), que están en terreos públicos e foron obxecto de traballos de recuperación nos últimos anos.
Ademais, tamén existen zonas protexidas en Goberna (35.700 m2), O Vao (137.557 m2) e Fontes-Pertegueiras (15.000 m2), que están en espazos privados. Entre todas acollen unha importante biodiversidade que é parte do patrimonio natural do Concello de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.