Caballero inaugura a humanización da rúa Purificación Saavedra

O alcalde de Vigo acudiu este mércores á inauguración da rúa Purificación Saavedra, entre Sanjurjo Badía e Travesía de Foxos, cun investimento de 306.000 euros.
Publicado por o día 14/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero inaugura a humanización da rúa Purificación Saavedra

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores a humanización da rúa Purificación Saavedra, entre Sanjurjo Badía e Travesía de Foxos, onde levouse a cabo un investimento de 306.000 euros.

“Trátase dunha gran humanización da zona do mercado de Teis na que renovamos o abastecemento de auga”, sinalou o rexedor antes de apuntar que tamén levouse a cabo o cambio da rede alumeado de baixo consumo, semaforización, rede de pluviais e saneamento, rego e xardinería.

Ademais, foron plantados dous oliveiras e nove liquidambar, instaláronse novos bancos, papeleiras e mantemos as prazas de aparcamento existentes. “Inauguramos unha rúa humanizada cada día, seguro que ningún concello de España pode dicir isto, nos queremos humanizar e invito a ver como quedou agora”, engadiu o alcalde