Caballero inaugura a humanización da última fase de Camelias cun investimento total de 7,2 millóns

Publicado por o día 30/12/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero inaugura a humanización da última fase de Camelias cun investimento total de 7,2 millóns

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este luns a humanización da última fase da rúa Camelias -entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidade -, cun investimento de 2,1 millóns euros. Tal e como explicou na rolda de prensa posteiror, os traballos incluiron a renovación de pavimentación, de abastecemento, de redes de alumeado, melloras de seguridade viaria e a incorporación do carril bici. A obra tamén incorporou un novo espazo público e a demolición dun galpón.

Respecto das zonas verdes, respectáronse os camelios existentes -habilitando espazos axardinados – e plantouse un camelio exemplar no cruce de Camelias con Romil. O alcalde destacou que esta última fase da humanización eleva a 7,2 millóns o total do investimento na rúa ao longo de 2 quilómetros.

Una respuesta para "Caballero inaugura a humanización da última fase de Camelias cun investimento total de 7,2 millóns"

  1. Gamela   01/01/2020 at 22:37

    Estamos a inaugurar o ano 13 desta desgracia chamada Abel… supoño que este ano os medios de comunicación ALTERNATIVOS terán que tomar algunha decisión complicada: ou seguimos falando das parvadas do alcalde ou falamos dunha vez do Vigo Alternativo que deberamos construir entre todos os que non comulgamos con rodas de muíño… (?) https://i.gal/PlenoVGO

    Digámolo claro, para seguir dándolle publicidade a Abel xa están tódolos medios subvencionados que tan ben o tratan e consideran a cotío… A información que colga na web do Concello non é máis que PROPAGANDA ELECTORAL !

    A ver se o ano 2020 é o ano onde Vigo recupera a sensatez ou seguiremos marcando o paso detrás do Caudillo o resto da vida (?)

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.