Caballero informou asemade da adxudicación do contrato de subministro, conservación e limpeza do equipamento de intervención do servizo de Bombeiros do Concello de Vigo

Publicado por o día 31/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero informou asemade da adxudicación do contrato de subministro, conservación e limpeza do equipamento de intervención do servizo de Bombeiros do Concello de Vigo

En rolda de prensa, o alcalde informou asemade da adxudicación do contrato de subministro, conservación e limpeza do equipamento de intervención do servizo de Bombeiros do Concello de Vigo.

Cun importe próximo aos 982.000 euros e cinco anos de contrato, o goberno local emprega o sistema de renting para “ter todo a punto e de forma permanente”, salientou Caballero. A adxudicación cubre a todos os integrantes do persoal de intervención do corpo, incluíndo 270 unidades do equipamento pesado, 135 de traxes forestal e de auga e casco forestal, e 135 unidades de cada unha das prendas e equipamentos asociados.