O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, anunciou hoxe venres o envío dun escrito a todas as entidades locais do país convidándoas a celebrar concentracións en recordo de Miguel Ángel Blanco o próximo mércores, 12 de xullo, día no que se cumprirán vinte anos do seu asasinato.
As concentracións nos municipios españois, engadiu Caballero, rendirán homenaxe e un “sentido recordo” ao concelleiro do PP no Concello de Ermua e, con él, a todas, “absolutamente todas”, as vítimas do terrorismo e as súas familias. A convocatoria quere ademais servir de recoñecemento á sociedade española que aquel 12 de xullo se pronunciou “en defensa da liberdade, da paz e da convivencia”, apuntou.
É unha cuestión “da maior importancia”, sinalou Abel Caballero, pois se cumpren vinte anos “dun dos crimes máis crueis” da historia de ETA. En Vigo, o alcalde informou que a concentración convocada terá lugar ante o MARCO, na rúa do Príncipe, ás 12h do próximo mércores, 12 de xullo.
Noticias de última hora en Vigo
Una respuesta para "Caballero invita aos concellos a convocar concentracións o 12 de xullo en memoria de Miguel Ángel Blanco"