O alcalde de Vigo afeou de novo á Xunta a súa negativa a autorizar ao Goberno local a completar as ramplas da Gran Vía desde Urzáiz ata a Praza de España. En rolda de prensa, lembrou que o único argumento que esgrime a Xunta para paralizar este proxecto -segundo recolle un informe de Patrimonio -é que a actuación proposta non é acorde coa preservación do conxunto urbano. En opinión de Caballero, non existe ningunha xustificación, nin urbanística nin de ningún outro tipo para non autorizar esta obra. A Xunta terá que reconsiderar a a súa negativa dada a presión cidadá porque este proxecto de mobilidade -usado a diario por miles de persoas – é un éxito incuestionable na cidade.
A Xunta di que o seu traslado a Isaac Peral non é posible
Este martes pasado, a delegada do Goberno galego en Vigo, Marta Fernández-Tapias, aclarou que Patrimonio autorizou a humanización de García Barbón en 2018, excluíndo o ámbito da rotonda de Isaac Peral.
Entón, os técnicos ditaminaron que non é posible mover a estatua que hai nesa glorieta dado que «conta con protección integral no Plan Xeral de Ordenación Municipal» de Vigo.
A estatua era para un concello do «norte de Galicia»
A pesar de que nas redes sociais publicáronse documentos do propio Concello de Vigo, asinados polo arquitecto municipal da época, que indican que ‘Os Redeiros’ fixéronse ex profeso para ese lugar-algo corroborado polo escultor, Ramón Conde-, o alcalde reiterou que non foi así.
«Estaban pensados para un concello do norte de Gaicia, sábeo todo o mundo», declarou como fixo o luns, chegando a ofrecerse a dar o nome dese concello-algo que finalmente non fixo-.
Noticias de última hora en Vigo