Caballero mantén unha xuntanza con alcaldes para tratar o custe da desinfección de colexios en Galicia

Abel Caballero manterá este venres unha reunión telemática cos alcaldes das principais cidades galegas e cos presidentes das deputacións para abordar os gastos que deberán asumir os municipios na desinfección de centros escolares debido a pandemia do Covid-19.
Publicado por o día 04/09/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero mantén unha xuntanza con alcaldes para tratar o custe da desinfección de colexios en Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manterá este venres, ás cinco da tarde, unha reunión na que abordará as medidas ordenadas pola Xunta de Galicia para a desinfección en colexios. No encontro participarán os edís das sete cidades galegas, así como presidentes e presidentas das catro deputacións e o presidente da Fegamp, quen convocou a xuntanza.

Segundo explicou Caballero, a desinfección de centros educativos en Vigo, segundo o protocolo da Xunta, custará máis 6000.000 euros (31.590 horas máis de traballo) durante todo o curso 20-21.

Para estes catro meses de 2020, o Concello estima un reforzo de 12.460 horas e 243.354 euros. “En Vigo imos a facer unha desinfección masiva e exhaustiva non estamos en condicións de pagar esas cantidades, o faremos pero é intolerable. Na reunión defenderei que a Xunta asuma os custes de desinfección de todos os colexios de Galicia”, sinalou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.