Caballero mediará con Red Eléctrica para solucionar o subministro de alta tensión á planta de PSA

O alcalde de Vigo manterá en vindeiras datas unha xuntanza con responsables de Red Eléctrica Española para tratar os problemas que ten a factoría de PSA no polígono de Balaídos. “Xa falamos este mércores en Bilbao e son moi favorables a buscar unha boa provisión da traída de alta tensión”, sinalou. 
Por o 21/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero mediará con Red Eléctrica para solucionar o subministro de alta tensión á planta de PSA

O alcalde de Vigo manterá en vindeiras datas unha xuntanza con responsables de Red Eléctrica Española para tratar os problemas que ten a factoría de PSA no polígono de Balaídos. “Xa falamos este mércores en Bilbao e son moi favorables a buscar unha boa provisión da traída de alta tensión”, sinalou. 

Abel Caballero concertará nos vindeiros días unha reunión en Madrid cos responsables de Red Eléctrica Española (REE) para abordar o subministro de alta tensión na planta de PSA Peugeot-Citroën en Vigo. Así o adiantou o alcalde de Vigo tras manter este mércores, aproveitando a súa visita a Bilbao, un primeiro contacto co director xeral de REE.

“A posición de REE é moi favorable, hai posibilidades e fórmulas para buscar unha boa provisión da traída de alto voltaxe, desde a hipótese de que o conxunto da operatividade é moi positiva”, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Caballero avanzou que xa están dialogando para facer unha visita a Madrid e tratar a fondo con REE esta cuestión, ademais das xestións que xa está a realizar co secretario de Estado de Energía. “Estamos movendo todas as pezas”, indicou.

Por outra banda, o alcalde mostrou a súa “sorpresa absoluta” pola oposición do presidente da la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, á aplicación da Lei Vigo para a ampliación do espazo industrial da planta de PSA, tal e como solicitara a compañía ao Concello nunha recente visita.

“É insólito, o establecemento da industria de automoción é un tema importante porque ao estar o máis cerca posible da factoría e do porto aforrarán custes, tempo, transporte… en consecuencia así o manifesta a factoría, polo que en canto antes o fagamos, mellor”, indicou.

Caballero considerou incrible a “oposición total” de Feijóo e afirmou que “imos a ampliar a planta e imos a conseguir a alta tensión que el nin formulou en sete anos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.