Caballero ofrece apoio á organización para finalizar en Vigo a Regata Traslatio

Reunido hoxe luns cos organizadores, o alcalde comprometeu o respaldo municipal ao proxecto, unha regata que refaría no 2021 parte da ruta Traslatio, partindo de Nápoles para finalizar en Vigo. “Que Vigo fora o final desta experiencia sería altamente conveniente para unha cidade tan mariña e tan marítima”, concluíu.
Publicado por o día 13/02/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Vela,Vigo

Caballero ofrece apoio á organización para finalizar en Vigo a Regata Traslatio

En declaracións posteriores aos medios, Abel Caballero explicou que a organización da cita pretende mobilizar un número relevante de grandes veleiros para percorrer parte da ruta da Traslatio, con saída en Nápoles e final en Vigo, pasando por Francia e por Cádiz.

A organización prevé realizar esta regata no ano 2021 e está a iniciar as conversas cos distintos axentes implicados, como por exemplo as Armadas para conseguir a participación dos buques-escola. Abel Caballero ofreceu a colaboración do Concello: “que Vigo fora o final desta experiencia e desta ruta sen ningunha dúbida sería altamente conveniente para unha cidade tan mariña e tan marítima como é Vigo”.