Caballero ofrece o seu apoio a Euskaltel para dar cobertura a toda a cidade

Publicado por o día 14/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero ofrece o seu apoio a Euskaltel para dar cobertura a toda a cidade

O rexedor mantivo un encontro este venres con representantes do grupo Euskaltel, tras a unión empresarial coa galega R.

Abel Caballero amosoulle o desexo de cooperación dunha cidade que “quere estar no futuro, ofrecéndolle apoio para que desenvolvan as súas redes en Vigo, con especial atención ás conexións no ámbito rural.

Por outra banda, dende Euskaltel manifestáronlle a Caballero a súa vontade de manter “moita presenza” na cidade con calidade nos servizos.