Caballero participa na rúa Príncipe nun acto de promoción do aceite de Xaén

Abel Caballero e Carmela Silva acompañaron ao presidente da Deputación de Xaén, Francisco Reyes, nun acto de promoción de aceite desta provincia organizado na rúa Príncipe.
Publicado por o día 18/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero participa na rúa Príncipe nun acto de promoción do aceite de Xaén

Logo de darlle a benvida a Vigo ás autoridades xienenses, Caballero animou a toda a cidade a probar o que definiu como o “mellor aceite do mundo”.

Caballero e Silva apoiaron esta mañá ao responsable provincial de Xaén, Francisco Reyes, e máis á delegada do Goberno da Xunta de Andalucía en Xaén, Ana Cobo Carmona, na presentación do que foi a Feira do primeiro aceite de Jaén.

Case 90 empresarios da zona trasladáronse a Vigo para difundir os mellores aceites virxes, os da primeira colleita, ademais da cultura oliveira e os principais destinos turísticos da rexión. En declaracións aos medios, Caballero deulles a benvida á cidade amosando o “gran orgullo” porque teñan elixido Vigo para a presentación do que cualificou como o “mellor aceite do mundo”.