Caballero pechou os campus polideportivos do verán, que tiveron récord de participantes

Caballero pechou os campus polideportivos do verán, que tiveron récord de participantes.
Por o 14/07/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero pechou os campus polideportivos do verán, que tiveron récord de participantes
Compartir en:

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pechou hoxe a segunda edición do campus polideportivo VIDE en Samil, cun cento de nenas e nenos que colgaron o cartel de completo nesta iniciativa que comezou o luns en horario de mañá.

Caballero acudiu á xornada de clausura e felicitou aos participantes, que durante esta semana coñeceron tres deportes, dous deles olímpicos: tenis, tenis de mesa e pádel. VIDE contou co apoio loxístico de Padel Cíes, a Federación Galega de Tenis e o Tenis de Mesa Vigo.

O segundo verán consecutivo dos campus de VIDE en tres complexos deportivos municipais funcionou como se esperaba: enorme aceptación, cuns 400 alumnos na suma das tres accións, e éxito do modelo polideportivo posto en marcha polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o verán pasado, coa luz verde do rexedor.

“Sodes os mellores do mundo”, sostivo o xefe do goberno municipal cando se dirixiu ás nenas e aos nenos nunha clausura na que houbo entrega de diplomas de participación.

VIDE programaba un gran campus central nas Travesas cada verán dende o 2000 ata que o edil de Deportes decidiu estendelo a outros puntos da cidade con importantes dotacións deportivas. Con este pulo municipal, os campus dobraron a súa oferta de prazas e continúan enchéndose co apoio de Frutas Nieves, New Balance, Mar de Ons, Coca-Cola e Decathlon.