Caballero pide ao secretario de Estado para a UE que defenda os intereses pesqueiros de Vigo ante o brexit

Publicado por o día 23/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero pide ao secretario de Estado para a UE que defenda os intereses pesqueiros de Vigo ante o brexit

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha xuntanza co secretario de Estado para a Unión Europea, Luis Marco Aguiriano, ao que lle pediu que defenda os intereses pesqueiros de Vigo na negociación co Reino Unido a raíz do brexit. “Queremos manter a nosa presenza en Malvinas e ter capacidade para pescar”, sinalou Caballero antes de apuntar que o secretario de Estado “é optimista”.