Caballero pide responsabilidades políticas pola suspensión de intervencións cirúrxicas en Vigo

O alcalde alertou este luns da situación rexistrada durante os últimos días no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde houbo de aprazarse operacións debido a problemas coa esterilización do material cirúrxico. “Trátase dun feito dunha gravidade extrema, non é un problema calquera, afecta ao corazón dos sistema sanitario de Vigo”, sinalou o rexedor.
Por o 16/04/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero pide responsabilidades políticas pola suspensión de intervencións cirúrxicas en Vigo

O alcalde de Vigo reclamou este luns responsabilidades políticas pola suspensión de intervencións cirúrxicas no Hospital Álvaro Cunqueiro despois de que fosen detectados problemas nas caixas material esterilizado.

“Estou moi preocupado, é un feito gravísimo, non é unha anécdota calquera e responde ao mal funcionamento do modelo que Feijoo instaurou no sistema sanitario de Vigo”, sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O achado de óxido de aluminio nas caixas de esterilización provocou que a finais de pasada semana a dirección do centro médico decidise suspender intervencións cirúrxicas ata determinar cal era a causa da contaminación do material utilizado nas operación. “Por iso quero pedir responsabilidades políticas, a Xunta ten que asumir a responsabilidade, porque parece que non pasou nada, e aínda non escoitei a ningún dicir como vai a responder, que pensa facer, non deu explicacións”, explicou.

O alcalde cualificou o problema como un feito “dunha gravidade extrema” nos hospitais no ano 2018 por un fallo reiterado na esterilización. “Non é un problema calquera, afecta ao corazón do sistema sanitario de Vigo”, asegurou.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.