Caballero pide unha reforma constitucional que recolla “con nomes e apelidos” as competencias municipais

Na súa intervención no Foro de debate “La España necesaria”, reclamou para os gobernos locais o uso do superávit xerado nas súas contas de anteriores exercicios e pediu “recoñecemento” para a Administración máis eficaz. Reivindicou que os concellos son a administración que mellor se adaptou á modernidade porque “a cidadanía atopa o seu espazo nas cidades”.
Por o 20/04/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
Caballero pide unha reforma constitucional que recolla “con nomes e apelidos” as competencias municipais

O presidente da FEMP, Abel Caballero, pediu unha reforma constitucional que recolla de forma pormenorizada, “con nomes e apelidos” as competencias municipais, unha reforma para que apareza singularizada a nosa capacidade de acción, para que as responsabilidades locais non queden ao criterio do Goberno de quenda”. Así o asegurou esta mañá durante a súa intervención no foro de debate “La España necesaria”, organizado por el diario El Mundo.

Caballero baseou a súa intervención nos case 40 anos transcorridos desde a aprobación da Constitución Española ata hoxe e, aínda que recoñeceu que no seu momento foi un gran logro, chamou a atención sobre o feito de que “despacha aos concellos en tres artigos”, recollendo un desenvolvemento excesivo para as CC.AA. e producindo “unha realidade desequilibrada que non se axusta á realidade social”.

O alcalde de Vigo insistiu en que, ao longo destes 40 anos, os municipios son a administración que mellor se adaptou á modernidade e á evolución social, porque teñen sido as que se viron obrigadas a responder ás demandas cidadás, demandas que afectan aos ámbitos sociais, de emprego, de medio ambiente, das novas tecnoloxías, ou de participación e ás que os concellos viñeron dando resposta, “ata que apareceu a LRSAL (Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local) en dirección contraria á gran demanda social.

Por isto, o presidente insistiu na reforma constitucional e na incorporación do recoñecemento competencial local en “normas do maior rango posible. Queremos leis orgánicas”, asegurou. Resumiu asegurando que “non temos capacidade de acción, pero demandas, temos moitas. Non hai unha soa demanda as que se consideran clave no novo desenvolvemento do século XXI que non teña vínculos coa acción a través dos concellos”, asegurou para reivindicar papel local en ámbitos como a universidade, os servizos sociais ou as grandes infraestruturas.

Castigo á eficiencia
Tamén se referiu ao superávit local e á esixencia por parte dos municipios de ser “eles os que gasten os seus aforros”. O presidente lembrou que “no medio dun recorte brutal, os concellos aportábamos medio punto de saneamento ao Goberno de España” e referiuse ao cumprimento dos obxectivos de débeda, ante os que os gobernos locais deron mostra “dunha eficiencia inusitada”” no medio da maior crise desde os anos 30. Por isto, lamentou que “se castigue aos eficientes e se premie aos ineficientes, ás comunidades autónomas que non cumpren”.

Despoboamento
Tamén chamou a atención despoboamento que vive o noso país, ante a que “so temos unha solución: acción desde os pequenos concellos”. Non só hai que recoñecer o seu traballo. Hai que dicir que son “uns valentes” polo escasos recursos dos que dispoñen. Ao seu xuízo, “fixar poboación vai custar recursos e hai que facelo porque a desertización humana vai ter un custo incalculable”, concluíu.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.