Caballero: “Pido a colaboración de todos para transmitir a mensaxe de precaución, o coronavirus non pasou e pode haber un repunte”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este venres en que os cidadáns deben manter as medidas de distancia social, hixiene e uso de máscara no caso de que non sexa posible gardar afastamento persoal. “O coronavirus non pasou e pode haber un repunte”, advertiu.
Publicado por o día 29/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

Precaución e cautela. Esta son as recomendacións lanzadas polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, aos cidadáns no proceso de desescalada e saída a grave crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19. O rexedor apuntou na súa conferencia de prensa telemática que e necesario seguir mantendo a distancia social.

“Fago unha petición a todos, que cooperen con nós transmitindo precaución e cautela, coidado porque o coronavirus segue aquí, sempre que teño unha reunión pido a todas as asociacións, tamén aos medios de comunicación e institucións, que lle digamos aos cidadáns que deben manter cautela, distancia social, hixiene de mans e máscara en aqueles lugares nos que podemos gardar distancias”, sinalou.

O alcalde insistiu na necesidade de que “non cometamos o inmenso erro de crer que isto xa pasou, non pasou, e pode haber un repunte e o peor que poder pasar é un repunte”. Caballero explicou que esta mesma mañá está a dar o visto e prace ao mensaxe para emitir na praia de Samil e sinalou que “onte a xente comportouse civilizadamente”.