Caballero pon en valor a presenza de grupos vigueses nas festas de verán

Segundo apuntou, na programación deste ano interviñeron “máis de cen grupos; 42 corais, nove bandas de música, grupos folk e todos os de Vigosónico”.
Publicado por o día 02/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Galicia,Vigo

Caballero pon en valor a presenza de grupos vigueses nas festas de verán

O alcalde fixo fincapé este mércores na presenza de grupos vigueses na programación das festas de verán da cidade, relatando os nomes dos mesmos e as súas actuacións.

A Coral Casablanca; tres grupos vigueses no Festival folclórico internacional: a Asociación folclórica Corisco, Lembranzas galegas e a Banda de gaitas Xarabal. Dentro do programa Vigosónico, nomeou aos grupos locais Martillo, Bakarra, Cruceiro, Quarzum, Inculpados, Licor Cafre e Komodo. MITIC O Espectáculo, previsto para o pasado 28 de xullo, “que non puido celebrarse pola choiva”.

Ademais, dentro da Festa da Cultura, participaron os grupos O Fiadeiro, Rueiro de Coia, SC Pardavila, cantareiras de Atlántida de Matamá, Monteira danzas do mundo, Asubío, Airiños do Coto, Vagalume, Corisco, Lembranzas galegas, Acordeóns de Valadares, Flashdance (Cabral), Os Ventos de Comesaña, Cans de Palleiro (de Helios de Bembrive), A volta do Demo (Beade), A Buxaina e Traspés, Academias de baile moderno Bambalina, Media Punta e Unidance. A Gala lírica de Vigo contou coa presenza da Coral polifónica do CVC Valladares e da Coral polifónica URECA e a festa da cultura urbana VIKUL, con exhibicións das academias de baile viguesas: DANCE ACADEMY, NEW ERA, ESCUELA DANZA KIAP, GROW AS OHANA CREW, FORMACION JANA PEREZ, FUNKYBROTHES DANY BARROS, ENDANZA, BAMBALINA, FORMACION EVA JUAN, INTHECISOS CREW, DANZARINAS (SAMPAIO), THE BROTHERS CREW e FORMACION HECTOR GEXES.

O rexedor relatou tamén que a semana infantil por barrios está organizada polos vigueses Barafunda SL e que tamén hai previstas actuacións de grupos locais nas Festas da Sardiña (Carballeira da Guía) e do Pulpo (Monte dos Pozos), apuntando que en total sumarán “máis de cen grupos entre as 42 corais viguesas e 9 bandas de música, máis de 50 grupos folk, e todos os do Vigosónico”.