Caballero presentará en Madrid a Tarxeta Social Universal

Publicado por o día 10/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero presentará en Madrid a Tarxeta Social Universal

Abel Caballero, presidente da FEMP, adiantou que este xoves presentará en Madrid a Tarxeta Social Universal, xunto ao secretario de Estado da Seguridade Social, que será o mecanismo que permitirá as políticas sociais singularizadas para cada cidadán que o precise. En definitiva, detallou, será “o carné acreditador dos dereitos cidadás para recibir atención das políticas sociais”. Amais participará na sinatura do decreto de xubilación anticipada das policías locais, “unha gran demanda de tanto tempo atrás que por fin se consegue”.