Caballero presentou o Torneo Concello de Vigo de fútbol 7, “único” polo seu carácter no competitivo

O alcalde, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por representantes dos clubs de fútbol Alertanavia, C.D. Coya, EDVM Pereiró, Arenas de Alcabre e San Miguel, algunhas das entidades participantes, presentou hoxe unha nova tempada do Torneo Concello de Vigo de fútbol 7, un evento que cada sábado dende o vindeiro 4 de novembro ata o 2 de xuño xogarase no campo do complexo deportivo municipal de Samil. O campionato está dirixido a nenos de 5 a 13 anos.
Publicado por o día 27/10/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo

Caballero presentou o Torneo Concello de Vigo de fútbol 7, “único” polo seu carácter no competitivo

“É un torneo excepcional”, subliñou o rexedor, que lembrou que forma parte do programa municipal de escolas deportivas e que “non hai outro trofeo destas características”. E é que nel se valora “o fútbol sen os resultados; todo o mundo recibe a súa medalla participativa”, manifestou. Caballero explicou que “se trata de pasalo ben, de divertirse e de iniciar aos máis cativos no deporte e a vida saudable. É un torneo para gozar cos familiares ocupando as bancadas, dixo.

O trofeo reúne a uns 600 nenos e cada sábado pola mañá xóganse no Armando Cajaraville, dividido en catro campos de fútbol 7, uns trinta encontros. “Grandes futbolistas saíron deste campionato, pero sobre todo grandes persoas e profesionais en tantos ámbitos da cidada”, apuntou o alcalde.

O coordinador do evento, Belarmino Alonso, Milucho, incidiu en que “é un torneo cunha filosofía integradora e moi solidaria: si a un equipo lle faltan xogadores, o outro llos vai a deixar. Trátase de estar xuntos e de facer fútbol”.