Caballero preside a homenaxe aos alcaldes demócratas asasinados polo fascismo no 36

Un ano máis, o Concello rendeu homenaxe aos ex alcaldes de Vigo e Lavadores, Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde, respectivamente, fusilados polo alzamento do fascismo en agosto de 1936. Nos Xardíns da Memoria Histórica de Pereiró tamén se lembrou a memoria doutros demócratas asasinados como os deputados Antonio Bilbatúa ou Enrique Heraclio Botana, entre outros.
Publicado por o día 27/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero preside a homenaxe aos alcaldes demócratas asasinados polo fascismo no 36

O alcalde presidiu hoxe xoves o acto co que cada ano o Concello de Vigo honra a memoria dos fusilados en 1936 na madrugada do 27 de agosto. Coa presencia dun nutrido grupo de familiares e responsables políticos, o rexedor recordou oficialmente aos por aquel entón alcaldes de Vigo e Lavadores, Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde, así como aos deputados Antonio Bilbatúa, Heraclio Botana e Ignacio Seoane, todos eles fusilados polos fascistas en 1936.

O alcalde destacou o valor de todos eles e doutros demócratas asasinados daquela, como Apolinar Torres, Ubaldo Gil Santóstegui, Ramón González Brunet e Enrique Blein Budiño. A homenaxe contou coa presenza de familiares de Martínez Garrido, Apolinar Torres, Antela Conde e de Antonio Bilbatúa, e concluíu cunha ofrenda floral.

Comentar noticia

Your email address will not be published.