Caballero propón ao policia ferido en Catalunya como Vigués Distinguido

Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero propón ao policia ferido en Catalunya como Vigués Distinguido

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladoulle onte ao axente da Policía Nacional Iván Álvarez que en marzo será nomeado Vigués Distinguido, en homenaxe e recoñecemento á súa heroicidade. “Queremos transmitirlle o cariño da cidade a Iván e á súa familia”, asegurou o alcalde, quen tamén fixo extensivo este recoñecemento á Policía Nacional, aos Mossos d’Esquadra e á Garda Civil polo seu traballo en Cataluña en defensa da Constitución.