Caballero: “Queremos que Vigo sexa unha cidade sostible, saudable e segura”

No marco dun encontro celebrado este martes no Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social en Madrid, o alcalde explicou as accións que desenvolve o Concello en favor da saúde pública e o medio ambiente.
Por o 26/06/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero: “Queremos que Vigo sexa unha cidade sostible, saudable e segura”

Abel Caballero, presidente da FEMP, participou esta mañá no debate “Saúde e cambio climático. Aire limpo, cidades saudables” celebrado no Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social coa presenza da ministra María Luisa Carcedo, de María Neira, directora do departamento de saúde pública e medio ambiente da Organización Mundial da Saúde, do Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e da directora xeral de Saúde Pública, Pilar Aparicio.

Na súa intervención, o alcalde expuxo as accións que desenvolve Vigo en favor da saúde pública e do medio ambiente citando a consulta pública sobre as praias sen fumo e o estadio de Balaídos libre de tabaco como unha “acción de concienciación e exemplo de apoio masivo dunha cidade para favorecer a saúde pública”. Mencionou tamén a “acción continua en favor de modos de locomoción” co apoio ao uso da bicicleta, o carril bici, a senda verde e as actuacións encamiñadas a mellorar o tráfico para eliminar coches da cidade e que o tráfico sexa menos contaminante. Neste sentido, apuntou que “as humanizacións teñen un efecto da maior importancia porque retiran tráfico da estrada” xa que a cidadanía camiña e pasea máis.

Coa premisa de ter que “avanzar á maior velocidade posible”, o rexedor sinalou que “queremos que Vigo sexa unha cidade sostible, saudable e segura, as tres palabras que definen a nosa acción”, á que se suma a proposta de facer de Vigo unha “cidade libre de plásticos” cun plan que “elaboraremos e levaremos adiante nos próximos meses”.

Ademais, Abel Caballero referiu como accións “importantes para a saúde” a potenciación das zonas verdes, de toda a ría, co saneamento do río Lagares ou a plantacións de 5.000 árbores que contribúen a “facer unha cidade verde”, proxectos que a OMS valorou como “significativos e relevantes”.

Una respuesta para "Caballero: “Queremos que Vigo sexa unha cidade sostible, saudable e segura”"

  1. Gamela   26/06/2019 at 7:00

    mentras o alcalde segue a escribir a súa Carta aos Reis Magos…

    algúns levamos 9 anos tratando de facer visible o invisible…

    Vigo é unha cidade que tende a ocultar os problemas (e mirar para outro lado)…

    senon que llo pregunten a Juan que leva dous anos e medio acampado do corazón da cidade sen resposta algunha, gracias a el sabemos da nosa aporofobia !!!

    VigoDenuncia quere seguir facendo visible o invisible…!
    http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/77316-vigodenuncia-precisa-participacion

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.