Caballero reafirma o apoio ao deporte base do Real Club Náutico de Vigo

Tras o encontro mantido este martes co novo presidente da entidade, Rafael Tapias Presa, o rexedor explicou que manterá o compromiso co Náutico incluíndo as actividades formativas que imparten dentro das escolas deportivas municipais.
Publicado por o día 29/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo

Caballero reafirma o apoio ao deporte base do Real Club Náutico de Vigo

Abel Caballero recibiu este martes a Rafael Tapias Presa, novo presidente do Real Club Náutico de Vigo, quen lle expuxo a situación da entidade, as dificultades que presenta a situación concursal na que se atopa para a súa recuperación e a necesidade do apoio institucional, especialmente, da Autoridade Portuaria e da Zona Franca.

O alcalde comprometeu seguir impulsando o deporte de base que imparte o Real Club Náutico, cunha “importante función en vela, remo ou waterpolo”, unha dimensión, dixo, na que “seguirán tendo todo o noso apoio formando parte das escolas deportivas”, amais de asegurar cooperación nas mobilizacións deportivas que organizan como é o caso da Semana do Atlántico.