Caballero recibe en Vigo ao neno de Madrid de nome “Vigo Martínez Garrido”

Publicado por o día 18/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero recibe en Vigo ao neno de Madrid de nome “Vigo Martínez Garrido”

Abel Caballero saudou este venres no Concello á familia dun neno nacido en Madrid, a quen seus pais decidiron chamar Vigo e que leva os apelidos Martínez Garrido, unha anécdota que destacou Caballero por levar un “nome e apelidos tan singulares e queridos na cidade”.

A nai do pequeno é viguesa, nacida en Coia, e do Celta, engadiu o rexedor, que lembrou que o ano pasado saudara tamén á familia dun bebé chamado Vigo, polo que apuntou que “están empezando a aparecer xeracións de Vigos, que é un nome marabilloso; o da cidade máis fermosa do mundo”.